Partido Popular de Lugo

BARREIRO CONFIRMA QUE OS ALCALDES DO PP DE TABOADA, CHANTADA E CARBALLEDO ENCABEZARÁN AS LISTAS DAS MUNICIPAIS DE 2007

Xoves, 7 de decembro de 2006 .- José Manuel Barreiro confirmou, en rolda de prensa, que os alcaldes de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, Taboada José Ramos Ledo e Carballedo Julio Yebra Pimentel, volverán a encabezar as listas dos seus respectivos concellos nas vindeiras eleccións municipais.
O Presidente Provincial explicou que todos eles son  “persoas políticamente moi comprometidas e socialmente moi queridas. Levan anos traballando activamente en prol da mellora da calidade de vida dos veciños destes municipios”. O Presidente Provincial amosou o seu “máis absoluto convencemento de que o Partido Popular seguirá gobernando co apoio de todos”.

A axenda deste encontro do Presidente Provincial do PP de Lugo cos dirixentes populares da comarca de Chantada, Taboada e Carballedo centrouse nas distintas estratexias a seguir de cara a afrontar as vindeiras eleccións municipais. Nese senso o Presidente Provincial explicou que os candidatos intensificarán os contactos cos veciños co obxectivo de presentar un programa ao 100% cumplible. De feito, co obxectivo de abrir máis o partido á cidadanía, a partir de  Xaneiro a sede do PP de Chantada celebrará unha xornada á semana de portas abertas «queremos contar coa opinión de todos para mellorar as nosas iniciativas». Nesta campaña de recollida continua de suxestións tamén participará a deputada, Susana López Abella.

Equilibrio territorial.-
Pola súa banda os candidatos destes tres concellos da comarca de Chantada declararon que se ven con moito ánimo, moita ilusión e con moitas ganas de que os seus veciños lles sigan dando a súa confianza para seguir gobernando. 

José Manuel Barreiro enumerou alguns dos logros obtidos durante a súa xestión ao fronte do concello. Para o Presidente Provincial a súa xestión é un claro ejemplo da aposta do Partido Popular polo equilibrio territorial.

Do candidato popular e alcalde de Taboada, Jesús Ramos Ledo, destacou á creación da nova escola infantil, a loita pola constucción da residencia da terceira idade e o pulo que se lle deu ao polígono industrial, onde está implantada a cooperativa de pensos máis importante de Galicia. 

Barreiro tamén eloxiou o empeño do alcalde taboadés por  mellorar a rede viaria en especial  porque se faga o último tramo do vial Taboada-Rubián. Este vial é vital para o desenvovemento do municipio así como para comarca en xeral xa que conecta as terras de Chantada co Val de lemos e Sarria.

Do candidato popular de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destacou a mellora total e a posta en valor do urbanismo no municipio coa creación de importantes dotacións verdes.
Outro logro deste rexedor foi o centro de día, que leva un ano funcionando. Trátase dunha infraestructura exemplar xa que está sufragada con fondos municipais.

Por último Barreiro subliñou a  aposta decidida de Manuel Lorenzo Varela pola xuventude coa construcción da piscina climatizada e a creación e potenciación de escolas deportivas. A mellora dos accesos aso viñedos é outra das teimas deste rexedor.
Xa con respecto ao alcalde de Carballedo, Julio Yebra Pimentel destacou a posta en marcha da Escola Obradoiro de Carballedo, concedida polo anterior goberno do PP. Esta iniciativa  supuxo mellorar espacios impotantes como o edificio sociocultural de Castro de Carballedo. Outras iniciativas impulsadas polo rexedor local foron  a xestión de terreos para o novo centro de saude, a nova casa consistorial, o punto de atención á infancia, a dotación de solo industrial, e a mellora constante de infraestructuras de ámbito local.

Situación actual.-
O Partido Popular goberna nestes tres municipios con maioría absoluta. Barreiro esta convencido en que se repetirán estes resultados su xestión o avala.

PRENSA
PARTIDO POPULAR