Partido Popular de Lugo

BARREIRO APOSTA POR UNHA POLÍTICA URBANÍSTICA CONSENSUADA E ADVIRTE QUE CO FUTURO DOS LUCENSES NON SE XOGA

Domingo, 26 de novembro de 2006.- A arbitrariedade coa que está a actuar a Xunta de Galicia en materia urbanística foi un dos temas que máis debate provocou na última xornada da Convención do PP de Lugo.

Para os populares o goberno galego utiliza políticamente a paralización de licencias para xenerar malestar na cidadanía “tómese como exemplo do mesmo a paralización de licencias de Barreiros, unha decisión que contratasta coa permisividade da Xunta respecto a outros concellos que teñen procesos de ocupación do territorio moi semellantes como é o caso de Foz, curiosamente gobernado polo PSOE.

Os populares coinciden en que é necesario que exista unha boa xestión urbanística, que persiga a sostenibilidade do territorio e que permita, e favoreza, o desenvolvemento económico.

Os populares entenden que non se trata de prohibir a construcción senon que hai que facela con criterio: sistema de cargas e beneficios, cesión de zonas verdes, dotacións públicas, servicios … 

Dende o partido Partido Popular tamén puxeron sobre a mesa a problemática da lentitude  coa que a Xunta está a resolver os expedentes sobre os planes urbanísicos. Hai moitos concellos da provincia nos que agardan o informe da administración autonómica, esta situación de impás esta a provocar inseguridade xurídica, e parálise no desenvolvemento das vilas e cidades.

O ponente que se encargou de abrir o debate desta sectorial de urbanismo foi, Román Rodríguez González, quen fixo un repaso do marco legal, abondando nos distintos aspectos da lei do solo aprobada en 2002 e se referiu ao urbanismo como ferramente de xestión municipal.

Situación infraestructuras.-
Antes da sectorial de urbanismo se presentou un informe sobre a situación das infraestructuras da provincia  a cargo do ex director xeral de Obras Públicas, Agustín Hernández-Fernández de Rojas.

O incumprimento das previsións do Plan Galicia e os prazos fixados no Congreso polo Ministerio de Fomento afectan as seguintes infraestructuras:

RETRASO DE 31 MESES (Exp paralizado) na Autovía Chantada-Monforte.

RETRASO DE 24 MESES  na execución da Autovía do Cantábrico, autovía Lugo-Ourense, autovía Lugo-Santiago, VAC Barreiros-San Cibrao e autovía Cabreiros-Vilalba.

RETRASO DE 15 MESES obras San Cibrao-límite da provincia, 1ª fase autovía Nadela-Sarria, 1ª fase autovía Sarria-Monforte (expediente paralizado)

O compromiso da Xunta do PP de G era que no horizonte do ano 2012,  Lugo contase cunha rede de alta capacidade que vertebraría a provincia na súa totalidade, así como cunha rede primaria e secundaria renovada na súa totalidade. O obxectivo era en definitiva que máis do 93% da poboación da provincia estivera situada a menos de 20 minutos dunha vía de alta capacidade.

Os populares da provincia de Lugo lamentan que ao ritmo que van as obras e os trámites non se van cumprir os prazos comprometidos cos galegos: “en 15 meses no goberno da Xunta, e en dous anos e medio no goberno de Madrid a única infraestructura que está en marcha é a da Autovía do Cantábrico, o resto acumulan retrasos importantes”.

Xa no caso concreto das autovías do sur de Lugo, o Partido Popular pronostica que non entrarán en servicio, no mellor dos casos, ata o 2020, coincidindo co final da vixencia do Plan Estratégico de Infraestructuras e Transportes.

AVE.-
Os populares tamén manifestaron a súa preocupación pola paralización das obras do AVE.

Para o Presidente Provincial é necesario recuperar “o tempo perdido e axilizar os prazos licitando conxuntamente o proxecto e as obras dos traxectos Lugo-Ourense;Lugo-A Coruña ao longo de 2007, co obxectivo de que estes traballos podan comezar a finais deste ano ou como moi tarde a principios de 2008. Tamén manifestou a súa preocupación pola paralización do tramo ferroviario Monforte-Ponferrada.

José Manuel Barreiro dixo que a pasividade do Goberno central en relación coa alta velocidade ferroviaria contrasta coa axilidade que está a demostrar noutras comunidades.

Conclusións.-
José Manuel Barreiro clausurou estes dous días de traballo, e intercambio de ideas entre os cargos do PP de Lugo. O Presidente provincial destacou que este encontro serviu para reafirmar o compromiso de todos os dirixentes locais populares con cada un dos concellos lucenses.

Barreiro tamén amosou a súa satisfación polo alto grao de participación dos asistentes nas distintas ponencias. “Este debate interno tiña un claro obxectivo:  enriquecer o programa electoral ofrecendo as mellores solucións aos problemas reais dos lucenses”.

PRENSA
PARTIDO POPULAR