Partido Popular de Lugo

O GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR ASEGURA QUE A XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN “É INÚTIL”

Lugo, 31 de marzo de 2008.- O Grupo Provincial do PP asegurou hoxe que a Xunta de Goberno da Deputación está resultando “inútil” nos últimos meses, porque os temas que se tratan son tan ordinarios que algúns poderíanse resolver mediante resolución da Presidencia.

O voceiro adxunto, José María González Barcia, puxo como exemplo a celebrada o pasado venres, na que o asunto máis destacado foi o nomeamento de Fernández Abel.

 

Barcia afirmou que resulta unha perda de tempo e de cartos celebrar as xuntas de goberno, que só serven para a posterior rolda de prensa. Ademais, González Barcia indicou que non deixa de ser chocante que a estas alturas ainda se estea nomeando persoal de confianza e de libre designación.

 

O voceiro adxunto do PP estima que a imaxe que se está a dar da Deputación de cara ós cidadáns é de deixadez e de nulo traballo. Barcia considera, sen entrar nos grandes temas pendientes da Deputación, que un exemplo de tal deixadez e falla de traballo pode ser que non se estea aprobando ningunha das subvencións concedidas ó abeiro dos plans de colaboración coas comunidades veciñais de 2006 e de 2007. Neste senso salientou que dende finais de decembro non se aprobou ningunha xustificación de ningún dos dous anos.

 

Para Barcia, o culpable de toda esta situación é Gómez Besteiro, xa que el debería ser o motor da acción de goberno da Deputación, e semella que está instalado como mero observador da realidade.

 

“O problema real é que Besteiro non é capaz de poñerse as pilas a si mesmo e, polo tanto, tampouco é capaz de poñerlle as pilas ós demais”, engadiu.