Partido Popular de Lugo

O PP de Burela considera “lamentable que sexa noticia que volva a ser festivo o Martes de Entroido”

BURELA, 21 de setembro de 2017.- O grupo municipal popular de Burela afirma que “resulta lamentable que sexa noticia que para 2018 volverá a ser festivo o Martes de Entroido, o que demostra que o alcalde non ten outras cousas de que informar, porque carece de proxecto para Burela, e non pode presentar ningún proxecto de futuro ilusionante”.

 

Os populares consideran que, con esta decisión, “o alcalde vai de chapuza en chapuza, como en moitas outras cousas”. “O ano pasado, logo dunha conversa en certo bar, optou por cambiar o festivo de Entroido, que sempre foi o martes, para o luns, seica para promover o éxito das actividades festivas e a dinamización do comercio e da hostalería. Agora, logo doutra conversa de barra de bar, en certo bar, di que o festivo volverá a ser o martes, porque seica falou con moita xente. O certo é que o ano pasado falou con quen ten a bara e a besta no concello, e este ano volveu a falar coa mesma persoa. Todo apunta a que o que ía ser moi positivo non o foi tanto, e hai que volver ao de sempre, que non debía ser tan malo”, explican.

 

Desde este grupo municipal aseguran que “desgraciadamente, este, e non outro, é o xeito de actuar deste señor, que só acerta cando rectifica. Llano só funciona por impulsos ou movido por un círculo moi limitado pero con moita influencia sobre él”, indican.

 

Non afronta os retos de futuro”

Os edís populares lamentan, asemade, que o rexedor “non afronte os retos de futuro que ten o noso concello. Nestes case que dous anos e medio que leva na alcaldía aínda non foi capaz de presentar un proxecto de futuro ilusionante e que xenere dinamismo na xente. Está vivindo do que outros iniciaron e fixeron. Triste balance para un patético alcalde”, conclúen.