Partido Popular de Lugo

O PP apoia as actuacións dos alcaldes aludidos pola dirección da empresa focense Frutas Morriña

LUGO, 25 de xullo de 2017.- O PP apoia as actuacións dos alcaldes aludidos pola dirección da empresa focense Frutas Morriña. Ante as alusións dos dirixentes da entidade sobre as xestións dos alcaldes de Foz e Mondoñedo, o Partido Popular de Lugo reforza a defensa da legalidade urbanística e aclara que as licencias son actos regrados, e que un rexedor non pode saltarse se os informes técnicos e xurídicos son desfavorables, como ocorre neste caso.

 

Por parte do Concello de Foz propuxéronlle á empresa varias alternativas e fixéronse as xestións oportunas para tratar de buscar unha solución á situación de Frutas Morriña, pero a empresa decidiu buscar solucións para o seu problema noutro concello despois de esgotar as posibilidades de quedarse no municipio focense.

 

Deste xeito, o PP defende a actuación do goberno municipal de Foz, que ante imposibilidade de conceder unha licenza, por haber informes técnicos negativos, ofreceu todas as alternativas existentes e incluso xestionou unha reunión coa directora xeral de Urbanismo, que corroborou en todo momento as opinións dos técnicos municipais.