Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP renuncia ao debate das mocións do Pleno en sinal de protesta por non poder someter a votación a iniciativa sobre as residencias

Lugo, 25 de outubro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular decidiu esta mañá absterse do debate e votar en contra das iniciativas que formaban parte da orde do día do Pleno en sinal de protesta por non poder someter a aprobación a iniciativa na que pedían que Suplusa asumira a encomenda de xestión para a construción das residencias de Becerreá, Portomarín e Folgoso do Caurel. Amais de votar en contra das mocións do resto dos grupos, o PP pediu a retirada das mocións presentadas polo seu propio grupo.

 

Tal e como explicou a voceira do PP, Elena Candia, o Grupo Provincial do PP rexistrou o 19 de outubro, “en tempo e forma”, unha moción para o seu debate sobre a construción de determinados centros de maiores en varios Concellos da nosa provincia.

 

“Cun feito sen precedentes, polo menos dende que eu son deputada, esta moción reconverteuse en rogo evitando por parte da presidencia a súa posibilidade de debate, o que amosa un comportamento tan radicalmente contrario como o que se sometera a debate no ano 2010 onde se aprobaba a encomenda de xestión en idénticos termos, coa única diferenza de que se trataba doutros lugares”.

 

A voceira explicou que Campos “comete un atropelo sen precedentes nesta institución”. “Estamos preocupados destas medidas que está a adoptar o presidente que lonxe de continuar na liña negociadora segue encorsetado en actitudes ditatoriais e que xa lles anuncio que non vamos a permitir”, engadiu.

 

A voceira pediulle ao presidente que rectificara e que permitira o sometemento a debate da sesión plenaria a proposta. Ante a negativa do presidente, o PP avanzou que hoxe mesmo convocará un Pleno extraordinario cos asuntos que hoxe se debaten. “Nese pleno o PP renunciará ao cobro das correspondentes dietas e someterá a debate esa proposta que rexistrou en tempo e forma. Os populares tamén determinaron, ademais de retirar as súas mocións da orde do día, non participar en ningún dos debates de ningún dos asuntos que compoñen a orde do día.

 

A voceira considera ao presidente un “provocador” que o único que fai é rachar co consenso constantemente. “Está asentado na moqueta pero o PP non vai aceptar rodillos en asuntos que estaban pactados nos Orzamentos por parte dun Goberno en minoría”. Lamentamos que de novo manden as correntes besteiristas que en canto nos descoidamos sempre volven ao abuso”, criticou.

 

Orzamentos, límite o mes de novembro

En relación aos Orzamentos, Candia explicou que pasado practicamente o mes de outubro, ou polo menos o pleno ordinario, “non tivemos ningunha convocatoria para falar do mais importante que afecta a esta institución, que son os orzamentos”. Vémonos na obriga de facer o que se fixo en xuño, explicou, a presentación dun proxecto de orzamentos por parte do grupo provincial que lle fixo por fin ao presidente rectificar e intentar unha vía negociadora. Así, avanzou que se na orde de día do pleno de novembro non vai o orzamento, o PP presentará a súa proposta alternativa.

 

Descargar pleno extraordinario en PDF

Descargar acta do pleno de Outubro de 2010