Partido Popular de Lugo

Elena Candia ve ao PSOE “desnortado” e “abrumado” pola xestión dos Gobernos do PP

10, maio, 2018. A presidenta Provincial, Elena Candia, acompañada do secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presidiu este xoves a reunión da Xunta Directiva Provincial na que fixo unha análise da situación política lucense. Neste senso, e ante o suceder dos feitos dos últimos días, a dirixente dos populares na provincia ve ao PSOE “desnortado” e “abrumado” pola xestión dos Gobernos do Partido Popular. Referiuse así ás manifestacións de distintos socialistas, realizadas hoxe e nos últilmos días, ante o anuncio con orzamento e prazos concretos da conexión ferroviaria de Lugo con Ourense e logo de que se aprobase no Consello de Administración devolver ao Pleno as competencias para retirar a condición de órgano propio a SUPLUSA.

 

Con esta valoración, Elena Candia comezou a reunión da Xunta Directiva, na que, ademais de afiliados, participaron distintos cargos orgánicos do Partido, engadindo que “creo que o acontecido vén a demostrar que somos a única forza política que trae investimentos para Lugo e esta provincia, e lle dá coherencia e sentido común ás administracións nas que gobernan”; tal é así que, e a modo de exemplo, lembrou que o Concello da capital, a pesares de ter a documentación, segundo adiantou o ministro de Fomento o pasado luns, “aínda non foi quen de darlle o visto e prace para que se poida asinar o ansiado convenio da Intermodal”.

 

Por outra banda, lamentou que, “tanto o deputado no Parlamento de Galicia como o secretario Xeral do PSdeG viñesen a Lugo para non dicir nada e, no caso do segundo, só para pasear, cando ten bastantes asuntos que solucionar e que son bastante máis importantes que deixarse ver por aquí”. Neste senso, calificou de “auténtica barbaridade”, que este último situase a Lugo como exemplo de xestión en Galicia, sobre todo, apuntou “cando todos sabemos que ao mandato da alcaldesa lle queda un ano e polo único que se coñece é por beirarrúas en mal estado, zonas casi intransitables pola maleza ou facturas impagadas. E se nos fixamos na Deputación, é porque son incapaces de gobernar esta intitución debido aos líos internos nos que levan inmersos dende 2015”, remarcou.

 

Traballando para o proxecto de provincia de queremos”

Por todo elo, Elena Candia non dubidou en poñer en valor que, “fronte a esta deriva sen precedentes do PSOE tanto na Deputación como no Concello, dende o PP seguiremos traballando para, primeiro, velar porque se cumpran todos os compromisos e, segundo, para dotar á esta provincia do proxecto político e social que os socialistas non son capaces de crear”.

 

A este respecto, explicou que, “dado que temos unha cita electoral por diante moi importante para o noso Partido, dende hai tempo estamos visitando as agrupacións para buscar os mellores candidatos para os veciños dos 67 Concellos e atender as súas necesidades”. “Este é un traballo en silencio, como non pode ser doutro xeito, pero que estamos convencidos, está sentando as bases para o proxecto de provincia que queremo e que, humildemente entendemos, merecen os lucenses”, concluíu.