Partido Popular de Lugo

Carballo asegura que, logo de que a campaña fose un éxito, “temos proxecto, mimbres e demostraremos que somos o único Partido que realmente se preocupa por Lugo”

LUGO, 25 de maio de 2017.- O candidato á presidencia da Xunta Directiva Local, Ramón Carballo, anunciou este xoves que “afronta moi ilusionado” o Congreso de mañá, que será clausurado polo presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. E faino, dixo, logo dunha campaña electoral interna exitosa, na que participaron máis de 700 persoas, quedándose “moitos dos locais pequenos”. Asemade, e dado que hoxe remata tamén o prazo para presentar o aval á súa candidatura, adiantou que, nestes momentos, dispón dunha cantidade que multiplica por catro o número mínimo fixado, e que se cifra en 100.

 

Neste senso, salientou que foi “unha campaña persoal. Por iso, non lle quixen dar publicidade a todas as reunións que mantiven con afiliados e simpatizantes. Pareceume que o máis acertado era atender a todos. Creo que estas cousas hai que facelas cando a base está creada. Por iso, preferín facer este traballo en silencio”. A este respecto, ademais de agradecer publicamente a asistencia e participación de todos os presentes nestes encontros, recoñeceu que se sentiu moi arropoupado ao estar acompañado polos futuros vicepresidente e secretaria xeral Quique Rozas e Mari Teijeiro, respectivamente, ademais de polos concelleiros e o voceiro actual, Jaime Casteiñeira.

 

“Foron unhas xuntanzas no que primou o contacto directo co cidadán e de tú a tú. Escoitei a todos e recollín as propostas que me fixeron. Temos uns militantes esixentes e que me puxeron deberes; deberes que irei cumprindo cando comece a miña andaina como Presidente do PP lucense. O meu obxectivo era mater una escoita activa, e creo que neste senso podo dicir que estou gratamente satisfeito”, destacou.

 

Principal obxectivo do candidato

Mañá comezará unha nova andaina, na que agarda cumprir o seu principal obxectivo, “que é ser a voz de todas estas persoas que me están dando o seu apoio e confían en min para deseñar un proxecto activo, unido e que permita mellorar e transformar a Lugo, e que o meu Partido siga medrando neste municipio”.

 

“Temos proxecto, temos mimbres e demostraremos que somos o único Partido que realmente se preocupa por Lugo. Non temos máis obxectivo que este, e estou convencido de que, xunto co meu equipo que completarei mañá, o imos a conseguir”, indicou.

 

Neste senso, matizou: “todos sabemos que é máis fácil destruír que construír. No Partido Popular somos de comezar pola base para que o edificio dure no tempo. Así é como creo e cremos que se deben de facer as cousas. Non entendemos o Partido, e eu moito menos, como un fin persoal, entendémolo como un instrumento para dar resposta aos problemas dos cidadáns. Eu non quero fotos. O que quero é traballo. Por elo, afronto moi emocionado esta nova etapa e plenamente convencido de que o Partido Popular se consolidará como a única forza capaz de dar estabilidade á xestión local e provincial. Pola miña parte, e falo tamén en nome do equipo que me acompañará neste camino, ofrezo toda a miña vontade, o meu esforzo e traballo para que o PP siga medrando en Lugo”, concluíu.

 

Feijóo clausura o Congreso

Ramón Carballo tamén desglosou o programa do Congreso, que é o seguinte:

 

17:30 horas, acreditacións. Todos os medios terán a súa á entrada do local. Somentes terán que solicitala ás persoas encargadas da organización.

 

Ás 18:15 horas, será a apertura do Congreso, que irá seguida do saúdo do Presidente do Comité Organizador, Eugenio Corral, quenfará público a proposta da Mesa.

 

Esta Mesa, que foi tamén dada a coñecer hoxe polo candidato, está composta polos polos seguintes integrantes:

 

  • Presidenta: Agustina Fernández Pérez, membro da Comisión de Sanidade do PP de Lugo.

  • Vicepresidenta: Pilar Estévez Linares, ex concelleira de Lugo.

  • Secretario: Alejando Pena Souto López Boado, secretario de Novas Xeracións de Lugo.

  • Vogais: Asunción Núñez Magadlena e José Gómez Pérez; ambos os dous dúas persoas moi vinculadas ao Partido.

 

 

As 18:30 horas haberá un comunicado de Tomás Notario Vacas, seguido do informe de xestión do presidente saínte, “o compañeiro Jaime Castiñeira, a quen reitero o meu agradecemento polo traballo de todos estes anos, que non foi sinxelo moitas veces”, destacou Carballo.

 

Ás 19:00 horas a Mesa dará lectura da candidatura e logo terá lugar a intervención do candidato. A votación será de 19:30 a 20:30 horas. Os resultados proclamaranse ás 20:35 horas e, aproximadamente, ás 20:40 horas, clausararase o encontro. Este último paso, constará de tres intervencións: a primeira, a do novo presidente da Xunta Directiva Local; a segunda, a da presidenta provincial, Elena Candia; e, a terceira, a do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Descargar audio