PP de Lugo

As nosas ideas

Emprego

Hai que retomar á idea da creación de emprego como a mellor política social que existe, a única que garante a realización persoal, a estabilidade social, e a sustentabilidade e viabilidade do noso sistema de benestar.

O emprego é a mellor defensa fronte á pobreza e a exclusión social.

Imprimir Atrás
  • A situación actual

    A economía española atravesa a maior crise económica da democracia.
    Non se recorda no rexistro estatístico da economía española un cambio de ciclo tan brusco e profundo.En España esta crise é a crise do paro.

     

  • Que propoñemos

    Considerar como non consumida a percepción da prestación por desemprego para aqueles desempregados afectados por suspensións totais ou parciais dos contratos (Es temporais).


    Fomentar o emprego autónomo para mozos menores de trinta anos.


    Proceder á reforma en materia de Empresas de Traballo Temporal tendente a reforzar o papel que sen dúbida teñen estas empresas.


    Modificar o Programa de Fomento do Emprego para incentivar a recolocación dos traballadores afectados pola crise.


    Permitir a colaboración público privada nos servizos estatais e autonómicos de emprego en tarefas como a recolocación, a procura de emprego e a formación.


    Promover, no marco do Diálogo Social, unha reforma laboral similar á acordada en 1997 que teña como obxectivo prioritario a creación de emprego e en especial, o fomento da contratación indefinida bonificando as cotizacións dos novos contratos.

© 2010 PP de Lugo · Aviso legal
Rúa de San Marcos, nº1 · 27001 Lugo (Galicia) · Tlf:. 982 24 28 11 Fax. 982 25 42 70