Hai que retomar á idea da creación de emprego como a mellor política social que existe, a única que garante a realización persoal, a estabilidade social, e a sustentabilidade e viabilidade do noso sistema de benestar.
O emprego é a mellor defensa fronte á pobreza e a exclusión social.
A igualdade é a consecuencia dun desenvolvemento positivo da liberdade que debe estar aberta a todos.
A plena igualdade de oportunidades non debe atopar obstáculos por razón de sexo.
Homes e mulleres deben poder contar coas mesmas opcións e as mesmas posibilidades de levar a cabo, con éxito, as súas aspiracións persoais e profesionais.
O Partido Popular está comprometido cos xóvenes galegos e sensibilizado cos seus problemas.
Creemos firmemente que as políticas de xuventude son necesarias para a revitalización da nosa terra, pois os xóvenes de hoxe son os que farán posible os avances de España no futuro.
A Sanidade é prioritaria para todos nós porque dela depende a nosa saúde.
No noso Sistema Nacional de Saúde son principios básicos: a cohesión territorial, a calidade, a universalidade do dereito á asistencia e a igualdade para garantir a todos os cidadáns os mesmos servizos e prestacións.
A sanidade do século XXI debe ser cada vez máis personalizada e próxima ao paciente.
No século XXI é fundamental que a formación e o coñecemento sexan unha constante o largo da vida das persoas.
Un proxecto de futuro para España debe facer da educación a sua prioridade.
As linguas da nosa Nación e os símbolos que nos representan, expresan a nosa vontade de compartir un proxecto común.
Somos unha Nación cunha gran riqueza lingüística. O castelán, a nosa lingua común, é o segundo idioma global máis falado no mundo.
O sector industrial agroalimentario facturou no ano 2.008 por un valor de 83.000 millóns de euros tendo 550.000 empregos directos e 2 millóns máis de indirectos.
É polo tanto un sector estratéxico que non soamente xera traballo senón que mantén unha economía rural e alimenta ao país.
O protagonista da política económica debe ser a persoa: o cidadán traballador, consumidor, aforrador, investidor e emprendedor que participa nunha economía cada vez máis globalizada.
É esencial que en época de crise a Xustiza non sexa un problema senón parte da solución á grave situación que viven os cidadáns. Aspirar a unha Xustiza de calidade, rápida e eficaz ten que ser un obxectivo irrenunciable de calquera democracia moderna.
A globalización fixo cambiar a nosa sociedade. Agora vivimos máis e necesitamos máis atencións e prestacións.
Un Estado que se preste a ser chamado "Estado do Benestar" debe facerse cargo e coidar das persoas que máis o necesitan: os dependentes.
© 2010 PP de Lugo · Aviso legal
Rúa de San Marcos, nº1 · 27001 Lugo (Galicia) · Tlf:. 982 24 28 11 Fax. 982 25 42 70