PP de Lugo

 

Novas xeracións

Se en algo nos temos caracterizado as mozas e os mozos que formamos parte das Novas Xeracións do Partido Popular, é na nosa gran disposición para permanecer sempre na vangarda, integrando a locomotora que impulsa o avance da nosa sociedade. Somos xente do noso tempo. Por iso, comprácenos darvos a benvida á nosa páxina web, un medio a través do cal aspiramos a chegar a toda a xuventude lucense, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías da comunicación e información.

Porque falamos da Galicia do futuro. Porque creemos que Lugo forma parte xa dese futuro, facemos unha aposta decidida por liderar os espazos onde temos a capacidade de transmitir a forza das nosas ideas, a enerxía dos nosos proxectos e a ilusión por construír, entre todos, un mañá mellor.  A web de NN.XX pretende ser moito máis que un espazo de información puntual e actualizada. Queremos convertela nun servizo público, feito pola xuventude e para a xuventude. Unha páxina innovadora, próxima e sinxela. Un punto de encontro para as mozas e mozos que desexen asumir un compromiso co progreso e co desenvolvemento da súa terra.

Non deixará de ser a nosa páxina un espazo reivindicativo. Reclamamos a nosa achega, para mellorar a calidade de vida dos lucenses. Por eso queremos unha web participativa, na que todos sumemos, todos traballemos impulsando novas actividades e propostas. Queremos que a nosa web sexa un espazo para o encontro, para o debate e para a coordinación. Pero imos  moito máis alá e aspiramos que a sexa un instrumento para fortalecer o noso contacto con todos os lucenses e, de xeito especial, cos máis mozos.

Na tarefa de transmitir a nosa paixón por Galicia, por Lugo, pola liberdade, esta web será a nosa mellor carta de presentación.

 

XUNTA XESTORA PROVINCIAL NOVAS XERACIÓNS DE LUGO

Presidente: Daniel Vega Pérez
 

Secretaria General (zona sur-Sarria): Noelia Díaz Bruña
Secretaria General (Lugo Cidade): Cristina López Rois
Secretaria General (Terra Chá-Vilalba): Vanessa Paredes Pardo
Portavoz: Carlos Díaz Bande (Lugo)
 

Vicesecretaria Economia-Vivenda e Industria: Fernando Carreiras Gonzalez (Cospeito)
Vicesecretaria Traballo, Benestar e Familia: Lorena Garcia Osorio (Taboada)
Vicesecretaria Medio Rural, Medio Ambiente e Forestal: Juan Fco Lopez Prieto (Trabada)
Vicesecretaria Educación, Universidades e Cultura: Jose Antonio González Vázquez (Lugo)
Vicesecretaria do Mar: Vicente Vázquez Chao (Viveiro)
Vicesecretaria Deportes: Antonio Recalde Seivane (Lourenzá)
Vicesecretaria de Movilización e afiliación: Juan Manuel López Moirón (Sarria)
Vicesecretaria de acción electoral: Rodrigo Rodríguez López (Chantada)
Vicesecretaria de Mullere en Igualdade: Patricia Rivera Lorenzo (Bóveda)

Gabinete de Prensa: Juan Antonio Gallego Prieto (Cervo)

                                       Adrián Mourelle Agruña (Lugo)

Novas xeracións · Noticias

 Resultados por páxina 

24.08.2010

ABERTO O PRAZO PARA AS PRECANDIDATURAS A PRESIDENCIA DE NNXX PROVINCIA DE LUGO

O Comité Organizador impulsa os preparativos do congreso e puxo a disposición dos que queiran presentar a súa candidatura a folla de recollida de...

19.08.2010

NOVAS XERACIÓNS NA PROVINCIA DE LUGO CELEBRARÁ O SEU CONGRESO O SÁBADO 18 DE SETEMBRO

As mocidades do PP celebran o seu conclave provincial despois de que en xullo tivera lugar o congreso rexional

10.04.2010

NNXX manifesta a urgente necesidade dunha reforma laboral para combater os negativos efectos do paro

As mocidades do PP salientan o efecto positivo que terá na creación de emprego o plan Impulsa Lugo posto en marcha pola Xunta e o Plan de Emprego...

© 2010 PP de Lugo · Aviso legal
Rúa de San Marcos, nº1 · 27001 Lugo (Galicia) · Tlf:. 982 24 28 11 Fax. 982 25 42 70