PP de Lugo

 

Novas

13.03.2010

O PPDEG SOLICITA Á XUNTA INICIAR OS TRÁMITES PARA ACADAR A INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA PARA O PEMENTO DE MOUGÁN DE GUNTÍN

• A deputada popular Emma Álvarez Chao presentou no Parlamento unha Proposición non de Lei para o seu debate en pleno sobre este produto “único e con características propias que tan só se produce nesta zona xeográfica e que precisa de todas as medidas de protección e promoción posibles”

• Na iniciativa popular se pide acadar esta figura de calidade da Comisión Europea “o que beneficiaría a todos os participantes no desenrolo desta importante actividade económica da zona”segundo Emma Álvarez

Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [2 Voto/s]

Santiago de Compostela, 13 de marzo  de 2010.-  O PPdeG ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a iniciar cantos trámites sexan necesarios para acadar da Comisión Europea a Indicación Xeográfica Protexida para o pemento de Mougán, no concello de Guntín de Pallares. A deputada Emma Álvarez Chao, autora da iniciativa, considera que este produto “único e con características propias que tan só se produce nesta zona xeográfica e que precisa de todas as medidas de protección e promoción posibles”.

 

O pemento de Mougán, indicou a deputada popular, é un produto único, de alta calidade, que non se produce en ningunha outra parte e que ten unha ampla tradición na zona, onde chegou a planta procedente de América. A zona de produción e elaboración é a parroquia de Mougán e as limítrofes, posto que estas  posúen un clima, solo e técnica de cultiva moi semellantes.

 

A Indicación Xeográfica Protexida é unha das figuras de calidade que existen na Unión Europa, para a que ten que existir un vínculo do nome do produto co medio xeográfico presente nalgunha das etapas de produción, transformación ou elaboración. Para a deputada popular a creación desta figura beneficiaría a todos os participantes no desenrolo desta importante actividade económica na zona. Dentro das vantaxes destaca a protección deste produto de calidade e a posibilidade de adoptar medidas de promoción e difusión no exterior.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2010 PP de Lugo · Aviso legal
Rúa de San Marcos, nº1 · 27001 Lugo (Galicia) · Tlf:. 982 24 28 11 Fax. 982 25 42 70