PP de Lugo

 

Novas

13.03.2010

Basanta amósase confiado en que a xestora local de NNXX contribuirá de xeito decisivo a que o PP acade a alcaldía de Lugo

• Cristina López fixou coma principal obxectivo nesta nova andaina promover entre os máis novos o interese pola política municipal

Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [1735 Voto/s]

Lugo, a 13 de marzo de 2010.- O Presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo Antonio Basanta presentou hoxe a xunta xestora desta agrupación no concello de Lugo durante un acto celebrado hoxe.

Basanta suliñou que esta xestora tomará as rendas da agrupación local ata que se convoque o congreso no que se elexirá a nova executiva. Indicou que as persoas que integran a xestora xa “estaban a traballar intensamente” e amosouse confiado en que “reactivarán a actividade e a presencia de Novas Xeracións en Lugo e que co seu bo facer contribuirán a espallar entre a xuventude o ideario que defende o Partido Popular”. A este respecto tamén dixo sentirse convencido de que “contribuirán de xeito decisivo a que o PP acade á alcaldía da cidade”.

Pola súa banda a presidenta da xunta xestora, Cristina López, fixouse coma principal meta nesta nova andaina “transmitir ilusión e vitalidade” e trasladarlle e promover entre os máis novos o interese pola política municipal.

“Os xóvenes somos o motor do cambio e non podemos permanecer impasibles ante situación actual na que as taxas de paro dificultanos o xa de por si complicado acceso á vivenda e a nosa emancipación”, engadiu.

Entre os obxectivos que se marca a xestora tamén se inclúe aumentar o número de afiliados, ter unha maior  presencia na rede e na rúa e facer a súa aportación para que o Partido Popular recupere o goberno municipal e a Deputación.

A xunta xestora está integrada por

§       Presidenta: Cristina López Rois

§       Secretario xeral: Jose Antonio González Vázquez

§       Coordinador de medio rural e medio ambiente: Jose López Méndez

§       Coordinador de novas tecnoloxías: Adrián Mourelle Agruña

§       Coordinador de política social, familia e participación xuvenil: Pablo Flórez Rodriguez

§       Coordinador de educación, cultura e trabajo: Alejandro José Pena López-Boado

§       Completan a xestora Carlos  Díaz Bande e Yolanda Yañez Ares como vocais.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2010 PP de Lugo · Aviso legal
Rúa de San Marcos, nº1 · 27001 Lugo (Galicia) · Tlf:. 982 24 28 11 Fax. 982 25 42 70