XUSTIZA

A situación actual

A percepción que teñen os cidadáns sobre a xustiza é alarmante.
Esta negativa percepción ten como base que existe un atasco de asuntos sen despachar e sentenias sen executar.
Alértase acerca da carencia de persoal e a alta porcentaxe de funcionarios interinos, moitos deles sen a formación suficiente, que se encargan da execución das sentenzas penais.
Existe unha falta de medios escandalosa.
Non existe ningún sistema de implantación nacional que permita a centralización e xa que logo a actualización simultánea e xeneral dos datos.
Temos número bajísimo de xuíces por habitante.

 

Que propoñemos
Por ser un tema de Estado, porque afecta a todos os cidadáns, porque non debe haber utilizacións partidistas da xustiza e dos xuíces, no mes de xullo de 2008 o Partido Popular consensuou co Goberno a adopción dun novo acordo cuxos puntos esenciais viraban ao redor dos seguintes puntos mínimos:
Incorporación masiva das novas tecnoloxías.
Pleno funcionamento da Oficina xudicial, que descargue ao xuíz de funcións que constitucionalmente non lle son propias.
Carta de Dereitos do cidadán ante a Administración de Xustiza e o reforzamento dos dereitos e a atención ás vítimas dos delitos.
Programa efectivo de transparencia xudicial que garanta ao justiciable o dereito a recibir información sobre a situación e posible duración dun procedemento aberto en calquera tribunal de España.
Creación dun Fondo para a Calidade da Administración da Xustiza que permita o investimento en medios e o incremento do número de xuíces por habitante.
Extensión dos xuízos rápidos ao ámbito civil e impulsalos no ámbito penal.
Reforma profunda dos rexistros civís actualmente desbordados polo incremento de poboación nacional e estranxeira.
Reforma da Lei Concursal.
Clarificación do sistema de recursos, entre outros o Recurso de Amparo.
Elaboración dunha carta de dereitos dos cidadáns ante a Administración de Xustiza.