ECONOMÍA

A situación actual

A economía española atravesa a maior crise económica da democracia.
En España esta crise é a crise do paro. Segundo os datos do último trimestre da EPA neste país temos actualmente máis de catro millóns de parados.
Non só se acabou o ciclo expansivo da economía española, senón que España pasou de crear a metade do emprego da Unión Europea a ser o país, que con moita diferenza máis sofre a destrución de postos de traballo.

 

Que propoñemos
Plan de austeridade das Administracións Públicas:
Ante a crise que atravesa a economía española, todos, empezando polas Administracións Públicas, debemos realizar un esforzo de austeridade.
Buscamos unha reordenación do gasto público, que permita manter as políticas sociais e o gasto produtivo, e que elimine o gasto superfluo, incrementando a transparencia.
Reestruturación do sistema financeiro:
Para saír da crise é necesario un sistema financeiro saneado, que cumpra o seu obxectivo esencial de favorecer o crédito e a liquidez dos axentes económicos e as familias.
A transparencia e o control son básicos para dar seguridade e confianza ao noso sistema financeiro.
Reforma fiscal:
As reformas fiscais demostraron ser instrumentos eficaces para a dinamización da economía e a recuperación do crecemento. Menos impostos non significa menos recadación, senón liberación de recursos a disposición das familias e empresas, que poñan en marcha de novo o motor da economía.
Apoio as familias, a través dunha profunda reforma do IRPF.
Apoio ás Pemes e autónomos.
Apoio a sectores en situación de especial dificultade
Reforma laboral:
O obxectivo básico neste momento é resolver o problema do emprego nun país que se achega aos catro millóns de parados. Todas as medidas estruturais deben priorizar a creación de emprego, e a elas debe engadirse unha reforma do mercado de traballo que free a destrución de emprego e posibilite a creación de novos postos de traballo.
Para loitar contra a subida de prezos:
Aumentar a competencia
Limitar os incrementos de prezos e taxas reguladas
Garantir a Unidade de Mercado
Liberalización do sector servizos
Para aumentar a competitividade:
A economía española caracterízase por ter un gran problema de competitividade, o que a fai máis vulnerable ás crises internacionais.
É o momento de abordar un cambio no noso modelo produtivo que nos permita presentar os nosos produtos e servizos ao exterior con maiores garantías de éxito.