DEPENDENCIA

A situación actual

Non se estableceu un marco regulador que estableza para toda España a determinación da capacidade económica do beneficiario e os criterios de participación destes nas prestacións do Sistema de Dependencia.
Estase sementando un terreo propicio para que en España haxa 17 sistemas distintos de Atención á Dependencia con diferentes sistemas de copago e acreditacións de centros con cocientes de calidade diferentes.
E, sobre todo, non a dotou de financiamento suficiente.

 

Que propoñemos
Desde o Partido Popular, cremos na necesidade de impulsar a plena efectividade da Dependencia.
É necesario garantir a calidade e a equidad de servizos e prestacións, promocionando a autonomía persoal e previndo a súa perda con accións multimodales.
É necesario fomentar a investigación das enfermidades que poidan derivar en perda de autonomía para buscar e aplicar mellores repostas sanitarias e sociais.
É necesario definir o contido da carteira de servizos, promover os baremos da avaliación da dependencia e a acreditación de centres e servizos coordinados entre o Sistema Nacional de Saúde e o Sistema Nacional de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia.
Desde o Partido Popular cremos que é necesario mellorar o actual sistema de achegas do Estado á dependencia para asegurar a calidade de servizos, a equidad e a recepción de prestacións que son imprescindibles para as persoas dependentes.
Porque cando se fala de dependencia, falamos de persoas que nos necesitan e espéranse ver cumprido un dereito subxectivo do que dependen as súas vidas